Visita ás obras

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia ofrece a posibilidade de visita-las obras no Monte Gaiás a toda persoa interesada e a grupos organizados. Para isto desenvolveuse un programa de visitas guiadas de carácter gratuito.

Para realizar unha reserva individual consulte no calendario a dispoñibilidade de datas e horarios previstos e siga as instruccións dadas.

Para reservas de grupos póñase en contacto directamente coa Fundación a través do correo electrónico visitas.cidadedacultura@xunta.es ou ben chamando ó teléfono 881 997 570 (de 9:00 a 14:00).

Tres novos tipos de visita

Atardeceres de verán. Concertos Express, no que a visita se completa cun breve programa musical. Todos os mércores e venres de xullo e agosto ás 19.00 (programación de concertos e reserva de prazas dispoñibles no calendario).

Roteiro ao Monte Gaiás, unha nova ruta de sendeirismo para subir camiñando dende o casco histórico ata a Cidade da Cultura de Galicia. Información e reservas.

As estrelas en Santiago. Descubre na Cidade da Cultura de Galicia un lugar diferente para observares o ceo.
Datas: xullo, 22 / agosto, 5, 9, 17, 30 / setembro 2, 6, 16. O 11 de agosto, noite especial “As Perseidas”. (Reserva de prazas no calendario.)

Ver punto de encontro e saída das visitas en Google Maps.

Programa e calendario

setembro

lmmxvsd
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
Días con visitas programadas   
Día escolleito   
Día de hoxe   

Reserva de prazas

Para acceder ó programa de visitas seleccione a data na que desexa face-la visita.

As datas sinaladas con fondo escuro indican os días dispoñibles.

Se desexa modificar ou cancelar unha visita xa concertada debe iniciar sesión.

 

A Fundación Cidade da Cultura resérvase o dereito de modificar ou variar tanto o calendario como o itinerario en función das necesidades das obras.

© Cidade da Cultura de Galicia